Friday 10 de May de 2024

A Xunta realizou 50 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde na comarca de Bergantiños-Costa da Morte


Desinfectan as áreas rurais máis concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio todos os días da semana
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronaviros, 50 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en 11 municipios da comarca de Bergantiños-Costa da Morte, menores de 5.000 habitantes.

Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 13 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 37 centros de saúde de 7 concellos do rural da comarca dende o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio. No ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 344 actuacións en 45 concellos.

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar as desinfeccións. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.

En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

DATA CONCELLO CENTRO
23-24/03 Cerceda Fogar Residencial de Cerceda.
23-24/03 Dumbría Centro de Saúde de Dumbría.
23-24/03 Dumbría Consultorio de Ézaro
23-24/03 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
23-24/03 Zas Centro de Saúde de Zas.
25-26/03 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
25-26/03 Fisterra Centro de Saúde de Fisterra.
25-26/03 Cabana de Bergantiños Centro de Saúde de Cesullas.
25-26/03 Cabana de Bergantiños Consultorio de Nantón.
25-26/03 Laxe Centro de Saúde de Laxe.
25-26/03 Dumbría Centro de Saúde de Dumbría.
25-26/03 Dumbría Consultorio de Ézaro
25-26/03 Zas Centro de Saúde de Zas.
25-26/03 Zas Centro de Saúde de Baio.
27-28-29/03 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
27-28-29/03 Corcubión Centro de Saúde de Corcubión.
27-28-29/03 Cerceda Fogar Residencial de Cerceda.
30-31/03 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
30-31/03 Fisterra Centro de Saúde de Fisterra.
30-31/03 Zas Centro de Saúde de Zas.
30-31/03 Zas Centro de Saúde de Baio.
01-02/04 Dumbría Centro de Saúde de Dumbría.
01-02/04 Dumbría Consultorio de Ézaro
01-02/04 Cabana de Bergantiños Centro de Saúde de Cesullas.
01-02/04 Cabana de Bergantiños Consultorio de Nantón.
01-02/04 Laxe Centro de Saúde de Laxe.
01-02/04 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
01-02/04 Corcubión Centro de Saúde de Corcubión.
03-04-05/04 Cerceda Fogar Residencial de Cerceda.
03-04-05/04 Zas Centro de Saúde de Zas.
03-04-05/04 Zas Centro de Saúde de Baio.
06-07/04 Laxe Centro de Saúde de Laxe.
06-07/04 Cabana de Bergantiños Centro de Saúde de Cesullas.
06-07/04 Cabana de Bergantiños Consultorio de Nantón.
06-07/04 Cerceda Fogar Residencial de Cerceda
06-07/04 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
06-07/04 Fisterra Centro de Saúde de Fisterra.
06-07/04 Corcubión Centro de Saúde de Corcubión.
06-07/04 Dumbría Centro de Saúde de Dumbría.
06-07/04 Dumbría Consultorio de Ézaro.
06-07/04 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
06-07/04 Fisterra Centro de Saúde de Fisterra.
06-07/04 Corcubión Centro de Sarde de Corcubión.
08/04 Cabana de Bergantiños Centro de Saúde de Cesullas.
08/04 Cabana de Bergantiños Consultorio de Nantón. A Pedra. .
08/04 Laxe Centro de Saúde de Laxe.
08/04 Dumbría Centro de Saúde de Dumbría.
08/04 Dumbría Consultorio de Ézaro.
09/04 Cerceda Fogar Residencial de Cerceda
09/04 Fisterra Fogar residencial Nosa Sra. do Carme.
TOTAL 50 ACTUACIÓNS EN RESIDENCIAS/CENTROS